Tres filmes pioneiros do cinema galego de balde na rede no seu 30 aniversario | Historia de Galicia
Fotograma de Urxa / foto Consello da Cultura Galega

Tres filmes pioneiros do cinema galego de balde na rede no seu 30 aniversario

Tempo de lectura: < 1 min.

En 1989 estreábanse nas salas de cine de Galicia Urxa, Continental e Sempre Xonxa. Tres películas que son un fito da nosas cultura xa que foron as primeiras tres películas de ficción rodadas en lingua galega. Son tres grandes filmes pioneiros, que, ademais, por primeira vez, trataron de enfrontarse ós temas da nosa cultura entendendo o territorio galego como algo máis que un simple decorado.

E precisamante por isto polo que o Consello da Cultura Galega e a CRTVG quixeron pór a disposición do público, de xeito gratuíto e na web os tres filmes no trinta aniversario da súa estrea. Fixérono co nome de “30 anos de audiovisual galego” ofrecendo ademais das obras, una completa ficha de cada unha e unha unidade didáctica elaborada polo profesor José Antonio Cascudo.

Así, o 30 de xaneiro de 2019, inaugurábase o proxecto coa difusión íntegra do filme Sempre Xonxa. Mais tarde foi a quenda de Continental. Mais o pasado día 8 de abril completaban a entrega coa película Urxa, dos directores Carlos A. López Piñeiro e Xosé Xoán Cabanas Cao. O filme, ó que podes acceder dende aquí, amosa tres momentos na vida dunha muller de comezos do século XX, mesturando o real co imaxinario, dentro do marco da nosa cultura tradicional.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: