fbpx

Un afeccionado documenta aproveitando a corentena petróglifos de Poio e Marín con fotogrametría 3D

Tempo de lectura: < 1 min.

“Non importa que a maioría da xente non o aprecie, eu sei o valor que teñen”. Así afirmaba no xornal Galicia Confidencial Antonio Costa, o afeccionado que está a actualizar con fotogrametría os petróglifos de Poio e Marín aproveitando a corentena. E é que este afeccionado das Rías Baixas estase dedicando a dixitalizar coa técnica da fotogrametría en 3D os principais gravados dos parques arqueolóxicos da Caeira, en Poio, e de Mogor, en Marín.

Para isto, e xusto antes da corentena, foi tomar fotos ós petróglifos que agora está a editar dende a casa. Unha labor especialmente complexa xa que precisou sacar e tratar máis de mil imaxes de cada un, sacadas en macro, para traballar con petroglifos dunha profundidade de glifos que non chegan a medio milímetro. Faino porque se precisa un rexistro documental para un patrimonio en perigo de desaparecer. Recolle a nova Galicia Confidencial.

Petroglifos de Mogor / foto carlossoyCC0

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...