Xa podes acceder gratis a libros orixinais de autores galegos do século XIX | Historia de Galicia
libros / ThorstenFCC0

Xa podes acceder gratis a libros orixinais de autores galegos do século XIX

Tempo de lectura: < 1 min.

A Real Academia Galega (RAG) reforzou a súa presenza en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, “cun novo micrositio que facilita o acceso a másde 800 libros e folletos do século XIX”, segundo informa esta entidade.

Tal e como recolle o xornal Galicia Confidencial, as obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal e tamén a libros de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.

En pleno confinamento, a biblioteca da RAG convida o público a celebrar o Día do Libro descubrindo esta xanela virtual, “unha vía de entrada directa desde calquera lugar do mundo” a parte do patrimonio que custodia na súa sede da rúa Tabernas, na Coruña, nestes momentos pechada debido á pandemia.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: