A Muralla de Lugo entre os 40 monumentos a promocionar pola UNESCO a través do Google Arts and Culture | Historia de Galicia
Muralla romana de Lugo / senmais.com

A Muralla de Lugo entre os 40 monumentos a promocionar pola UNESCO a través do Google Arts and Culture

Tempo de lectura: < 1 min.

A muralla de Lugo será un dos 40 monumentos do Patrimonio Mundial que a UNESCO promocionará durante este confinamento. A iniciativa enmárcase na campaña #ShareOurHeritage, destinada a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial e dar a coñecer a riqueza patrimonial que recolle a institución.

Este gran recoñecemento -xa que a listaxe recolle máis de 1020 monumentos, paisaxes e tradicións ó longo de todo o globo-, coincide precisamente o vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade do monumento. A información sobre a muralla de Lugo publicouse ó sexto do proxecto na súa web empregando tecnoloxía do Google Arts and Culture.

Pola súa parte o goberno de Lugo, a través da edil da área de cultura Maite Ferreiro, expresou o seu agradecemento á institución internacional e destacou a importancia deste novo recoñecemento. Segundo ela supón un novo impulso para visibilizar a nivel mundial o noso patrimonio. A campaña, que se está a divulgar de xeito dixital pode visitarse a través deste link.

Muralla de Lugo xunto a o seu entorno / foto Íñigo Mouzo Riobó

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: