fbpx
Castro Ventosa, a antiga Bergida / foto info.turismodecacabelos.org

Alerta por actos vandálicos no castro máis importante do Bierzo e que lle dá nome á comarca

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Cacabelos, no Bierzo, está alerta. É despois dos actos vandálicos aparecidos nos últimos días nun dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da comarca como é o do Castro Ventosa. Alí apareceron nos últimos días varios elementos do mobiliario urbano do seu entorno destrozados.

O alcalde, en declaracións para Diario de León, afirmaba que os desperfectos só se limitan ó mobiliario, mais que, ante a posibilidade de que a situación poda ir a máis, policía e Garda Civil intensificarán a vixilancia no xacemento. O obxectivo sería previr males maiores neste excepcional espazo protexido.

A cidade de Bergido

Antes da creación de Bergidum Flavium, cidade romana asentada no actual Cacabelos, existía no Bierzo unha cidade das máis populosas de todo o noroeste. Era coñecida como Bergido ou Bergida. Para moitos investigadores esta antiga cidade, que despois se movería cara a chaira, estaría identificada co xacemento de Castro Ventosa, un dos máis grandes castros de toda a comarca do Bierzo.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...