Así é a mellor biografía de Castelao | Historia de Galicia
Castelao en 3D / Consello da Cultura Galega

Así é a mellor biografía de Castelao

Tempo de lectura: 2 min.

“O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista”. Todos estes son os rostros de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

E todos eles aparecen recollidos nunha nova biografía estudada polo historiador Miguel Anxo Seixas e que acaba de ser premiada na Gala do Libro Galego como “mellor iniciativa bibliográfica de 2019”. Trátase dunha “biografía monumental”, cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, á actualidade da época así como fotografías que mostran diferentes momentos da súa traxectoria.

O premio foi concedido ó que polo de agora é o primeiro volume da biografía máis extensa de Alfonso Daniel. Trátase do primeiro tomo da tese de doutoramento, de máis de 1.300 páxinas, titulada Castelao. Construtor da nación. Correspóndente cos anos 1886-1930 e que terá continuidade noutros dous volumes correspondentes ós anos de 1931 a 1939 e de 1940 ata o seu falecemento en 1950.

Castelao segundo Maside / Consorcio de Santiago de Compostela

Unha edición telemática

Os Premios Gala do Libro Galego é unha iniciativa da Asociación Galega de Editoras, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia. Nela se pretende recoñecer a excelencia do traballo realizado no eido editorial ó longo do ano, neste caso 2019, en Galicia. A gala celebrouse esta fin de semana a través dunha reunión telemática na que se deron a coñecer os galardoados.

Este primeiro volume que será coeditado polo Consorcio de Santiago e a Editoral Galaxia, e será parte da biografía que segundo o seu autor “tenta facer esa biografía pendente”. Nel se recollen as orixes da súa familia, o Bacharelato en Compostela, os seus estudos de Medicina, os seus primeiros encontros coa pintura, a escritura e a ilustración, a súa vida política, as viaxes ou a morte do seu fillo, entre outras vivencias.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: