fbpx
Parque Compostela Rupestre / foto compostelarupestre.gal

Así será o novo parque rupestre de Compostela

Tempo de lectura: 2 min.

A Comarca de Santiago é un área onde a pedra sempre foi protagonista, un área especialmente de rica en todo tipo de manifestacións artísticas sobre o granito e no que a arte rupestre ten tamén unha considerable importancia.

No territorio que comprende os concellos que ocupan a comarca de Compostela coñécense xa máis dun centenar de estacións e a importancia da zona non para de aumentar con novas descubertas.

É por isto que a Deputación da Coruña, xunto cos Concellos de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra, están a desenvolver o chamado Parque Compostela Rupestre. Trátase dun proxecto para pór en valor os numerosos e ricos conxuntos de arte rupestre que salpican a comarca e que ata o de agora eran moi pouco coñecidos en relación ás famosas estacións de petróglifos nas Rías Baixas.

Un tesouro de vai 4.000 anos

E é que nos pasados días acábase de dar un dos primeiros pasos para o desenvolvemento deste proxecto co lanzamento da súa web. Nela xa se poden consultar as diferentes estacións, coñecer en detalle os petróglifos, os seus dous roteiros, un por Teo e outro por Compostela, ou coñecer a bibliografía sobre o tema.

Parque Compostela Rupestre / foto compostelarupestre.gal

O proxecto recolle estacións de hai 4.000 anos, da Idade do Bronce (III milenio e inicios do II milenio a. C.), caracterizados por labirintos, círculos, coviñas, armas, cervos e outras figuras, así como manifestacións rupestres máis recentes,  medievais e de época moderna.

O proxecto, desenvolvido entre a Deputación da Coruña e os concellos da zona, encádrase dentro dun plan xeral de dinamización turística local que ten a cultura no seu centro.

Pode que che interese...