Cal é a orixe e o segredo galego do meme histórico que está arrasando en internet? | Historia de Galicia
Frame do meme de Anno Domini 1250 / Youtube

Cal é a orixe e o segredo galego do meme histórico que está arrasando en internet?

Tempo de lectura: 2 min.

Con aspecto de miniatura medieval, nove monxes levando un cadaleito en procesión mentres bailan unha danza macabra. Este é o novo meme que está a arrasar en internet inspirado no baile dos danzantes de féretro ghaneses, a chamada Coffin Dance. É a súa versión medieval.

A imaxe está deseñada de xeito que pareza sacada dun códice do século XIII, cunha música interpretada tamén cun estilo desta época, caracterizado pola sonoridade de frautas e laudes. O meme que fixo a súa aparición en Twiter onde tivo cunha inmensa acollida de varios milleiros de retuits. De alí pasou ó resto das redes sociais cun link orixinal en Youtube que conta xa con preto de 250.000 reproducións.

 

A orixe do meme

A orixe está obviamente no popular Coffin Dance, un meme macabro protagonizado polos danzantes ghaneses da morte, que nos últimos meses está a inundar internet e que, á súa vez, é unha versión dos tradicionais vídeos de karma. O orixinal Coffin Dance mófase con moita retranca da da irresponsabilidade humana baixo a música do tema dance Astronomia de Vicetone y Tony Igy.

 

E é aquí onde atopamos a orixe do meme medieval. Pois entre as numerosas versións aparecidas en internet da música de Astronomía, un usuario de Youtube chamado Cornelius Link subiu unha nova versión, dúas semanas atrás, cunha sonoridade medieval excepcionalmente conseguida. O artista creou varias versións e subiunas á plataforma con imaxes inspiradas na peste negra.

Era a música perfecta para acompañar das imaxes adecuadas. E foi así como se conseguiu o que para moitos pode ser considerado o mellor meme histórico. Pois a aportación das imaxes a fixeron os deseñadores de Anno Domini 1250, un videoxogo que está a programar un equipo polaco inspirado nos grandes códices históricos.

Inspirado na Biblia de Maciejowski

“Anno Domini 1250 é un xogo de plataformas no que un manuscrito de 700 anos cobra vida para contarche unha historia de honor, lealdade e coraxe” segundo afirman na súa páxina de Facebook os creadores. O xogo está inspirado en diversos manuscritos medievais, de diferentes localizacións europeas, e desenvólvese nunha estética na que aproveita a planitude da iconografía medieval e a estética dos xogos de plataformas.

O xogo estaría inspirado nas miniaturas de diversos manuscritos do século XIII como o Grial de Rochefoucauld ou as nosas Cantigas de Santa María, de feito a música das Cantigas aparece nalguns lugares do xogo. Pero tería a súa fonte de inspiración máis directa na biblia polaca de Maciejowski do ano 1240 conservada na Pierpont Morgan Library. O videoxogo foi presentado o pasado xullo na reunión de Pog (R) en Częstochowa, mais polo de agora so se pode xogar á versión alpha.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: