Cortan quince grandes árbores no Monte do Castro de Vigo para dar visibilidade á muralla | Historia de Galicia
Corta de árbores no monte do castro / foto Xornal de Vigo

Cortan quince grandes árbores no Monte do Castro de Vigo para dar visibilidade á muralla

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Vigo segue a perder algunahs das súas árbores. Pois ás cortas da Gran Vía hai que engadir nos pasados días dúas novas cortas na praia de Samil e no monte do Castro, segundo informa Xornal de Vigo. A situación, que provocou indignación nas redes sociais, estaría enfocada, no caso do Castro, á mellora da visibilidade dos baluartes da antiga muralla.

E é que, tal e como publicaba La Voz de Galicia no mes de marzo do pasado ano, o Concello tería prevista a corta de ata 15 grandes árbores do parque para facilitar a visión do monumento. Trataríase dunha posta en valor da construción histórica que, segundo o proxecto, consideraríase pola perda da importancia das murallas respecto do arborado.

O obxectivo sería dar protagonismo á edificación militar reducindo a masa arbórea. Ademais da corta das 15 árbores prevíase tamén a poda de máis de outro medio centenar de árbores, uns na altura da copa e noutros reducindo a densidade do ramallo. O proxecto contaría con autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

Entre os quince árbores estarían seis cedros de 17 metros de altura, un falso ciprés, un abeto vermello (Picea abies), un carballo vermello americano, tres ameixeiras vermellas (Prunus cerasifera) e unha acacia negra, todos eles entre metro e medio e tres da muralla. Ademais a corta prevese como fase inicial dunha futura restauración do monumento que contaría ademais con iluminación LED.

Corta de árbores no monte do castro / foto Xornal de Vigo

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: