Novos achados arqueolóxicos fan de Vigo un dos grandes centros romanos da Gallaecia | Historia de Galicia
Recreación dunha salina romana / foto Salinae

Novos achados arqueolóxicos fan de Vigo un dos grandes centros romanos da Gallaecia

Tempo de lectura: < 1 min.

Vigo en tempos do Imperio Romano non era unha aldea senón un gran centro industrial cunha poboación moi relevante, e así o foi durante séculos. Así o pon de relevo ó Diario Atlántico Juan Castro, responsable de Anta de Moura, a empresa que nos últimos anos estivo a desenvolver máis escavacións arqueolóxicas en Vigo.

Segundo o xornal, Castro recoñece que está asombrado coa sucesión de achados sobre o pasado remoto da cidade, e afirma que só en Lugo apareceron máis restos en Galicia. Así o poñen de relevo escavacións como a da Rúa Oliva, ou Marqués de Valladares, xunto a outras Rosalía de Castro, Isaac Peral ou A Laxe. Todas elas falan de que Vigo podería ser un dos máis grandes centros de produción de sal e salgadura de todo o ámbito peninsular.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: