fbpx
Imaxe do vídeo promocional de The Waylanders / Youtube

O videoxogo sobre as grandes lendas galegas estará dobrado por actores de Hollywood

Tempo de lectura: < 1 min.

Duio, Dúmbriga, Ézaro, a Torre de Hércules, Brigantia, Santiago de Compostela, as minas das Médulas ou as cidades soterradas dos mouros, como xa contamos noutro artigo, serán os protagonistas dun singular videoxogo. The Waylanders, o ambicioso proxecto que está a desenvolver a empresa coruñesa Gato Studio, recrea singulares mundos míticos e mitolóxicos dunha imaxinada Galicia celta e medieval.

Mais, tal e como deu a coñecer a empresa, a proxección que se lle dará ó xogo non será para nada menor. Contará con actores de excepcional traxectoria en grandes producións americanas, dende exitosas series como Xogo de Tronos a películas como Star Wars, pasando por videoxogos como Final Fantasy VII Remake.

Entre eles se atopan Ralph Ineson, Amber Rose Revah, Ash Sroka, Simon Templeman, ou Rosalind Eleazar es Khaldun, Rosalind Eleazar. Todos eles dando voz a personaxes imaxinados da nosa mitoloxía que se moven polos mundos inventados por Gato Studio.

Entre os mais coñecidos están Ralph Ineson, voz do Rei Ith que participou en producións como Xogo de Tronos, Chernobyl, a saga Harry Potter, ou Star Wars. Amber Rose Revah intérprete de Dinah Madani na serie de Netflix The Punisher. Rosalind Eleazar participou en series como Regreso a Howards End, Rellik o Lore. Pola súa parte, Colin Salmon voz do profesor de Mundo Moure é coñecido polos seus papeis na saga Resident Evil, Alien vs. Predator, Arrow ou Krypton, entre outras.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...