Patrimonio esixe a instalación de varandas de madeira nunha estrada da Ribeira Sacra
Unha campaña de denuncia nas redes sociais por parte dun vinicultor. Este foi o detonante para que Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considerara paralizar a obra dunha estrada en Chantada entre San Pedro de Líncora e Belasar.
E é que a Dirección Xeral de Patrimonio decidiu paralizar as obras de colocación de varandas metálicas nun tramo que se desenvolve ó pé do río xa que este podería ser perxudicial para a candidatura á declaración de Patrimonio Mundial.
A esixencia de varandas de madeira é algo, polo de agora excepcional en Galicia, pois a día de hoxe son escasas as estradas galegas que conten con este tipo de proteccións integradas na paisaxe.
O gran precedente, porén, está na estrada entre Monforte a Castro Caldelas, ó seu paso polo Sober, o pé do embarcadoiro, onde, non sen polémica, xa se instalaron este tipo de proteccións. As obras, que estaban a ser desenvolvidas pola Deputación de Lugo, atópanse neste momento paradas. Recolle La Voz.