fbpx
Restos da Torre xunto a Santa María a Maior / foto JuantiaguezCCBy Flikr

Pontevedra restaura os danos na antiga torre dos Montenegro

Tempo de lectura: < 1 min.

Santa María a Maior, a gran igrexa construída polo gremio de Mareantes, é un dos grandes monumentos da cidade e un dos seus sinais de identidade de Pontevedra. Ó seu carón existiu un importante barrio da cidade con importantes edificacións e un singular rueiro urbano. A Torre de Montenegro foi sen dúbida un dos elementos singulares do lugar hoxe desaparecidos.

A torre ou gran casa forte está localizada ó carón da igrexa e a día de hoxe aínda se poden contemplar os seus retos, no chamado Campiño de Santa María. Os restos desta torre, ademais de outros elementos do entorno, foron escavados e musealizados na pasada década, e supuxeron unha obra de singular recuperación do barrio e de integración na trama urbana da cidade recuperada.

Mais o pasado inverno, por mor dos temporais e as abondosas chuvias, os restos arqueolóxicos sufriron importantes danos, incluído algún derrube. É por isto que neste momento o Concello de Pontevedra a desenvolver obras de restauración e recuperación no xacemento. Prevese estean rematadas a semana vindeira.

A obra está destinada a recuperar os elementos caídos así como reforzar a cimentación e recuperar o conxunto. Para isto incorporarase unha zona de drenaxe interna, que derivará a chuvia e evitará no futuro que a auga dane o xacemento. Tamén se renovará a capa de xeotextil, a grava que os protexe, así como se fará unha limpeza, recuperación dos encintados e reconstrución dos elementos caídos.

Tamén se aproveitará para renovar a documentación arqueolóxica. As obras foron visitadas esta semana polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda e o el arqueólogo municipal, Xoán Carlos Castro, que constataron a boa marcha dos traballos.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...