Queres coñecer o estado dos grandes cascos históricos galegos? | Historia de Galicia
Cartaz dos Encontros in situ de Ourense e Ribadavia / Consello da Cultura Galega

Queres coñecer o estado dos grandes cascos históricos galegos?

Tempo de lectura: < 1 min.

A participación cidadá, a ordenación, a relación coa cidade, o desenvolvemento do planeamento ou as políticas de rehabilitación e fomento. Estes son algúns dos retos que están a afrontar os grandes cascos históricos galegos e que o Consello da Cultura Galega trouxo de novo a debate na rede nunha nova edición dos Encontros  Monográficos do Patrimonio 30.5.

Neles, como xa contamos, tráense á rede unha serie de xornadas sobre diferentes temas referidos ó noso patrimonio postos a debate entre profesionais, administracións e cidadanía. Tras a nova situación derivada da Covid-19, e querendo manter vivo o debate ó redor do patrimonio galego, a institución decidiu traer á rede os materiais audiovisuais derivados deses encontros.

Este martes foi a quenda de reflexionar ó redor de cinco dos nosos grandes cascos históricos. Foi o caso dos conxuntos de Vigo, Ferrol, Ribadavia, Ourense e Santiago de Compostela. Foi a través de res encontros nas cidades de Vigo, Ferrol e Ourense e un máis na cidade de Santiago no que se reflexionou sobre a súa problemática e os retos a afrontar nun futuro inminente.

Os encontros estiveron coordinados por Rebeca Blanco e Teresa Nieto. Mais neles participaron Antonio Alonso Fernández, Nuria Campos Díaz, Alfonso Díaz Revilla, Mónica López Álvarez, Ignacio Mendizábal Ferreiro, Josó Antonio Padrón, Miguel Reimúndez González, Adolfo Rodríguez de la Rúa, Xosé Manuel Santos Solla, Manuel Bragado, Alfonso Ramos Covelo e Ana Fernández. Podes acceder dende aquí.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: