fbpx
Unha imaxe da emigración / foto Consello da Cultura Galega

Queres participar na creación dun arquivo fotográfico da emigración?

Tempo de lectura: < 1 min.

Dende os seus inicios ata a actualidade a emigración tivo un papel moi importante no desenvolvemento da historia de Galicia. Vivencias e modos de enfrontarse a mundos descoñecidosque falan do valor das xentes que un día tiveron que deixar as súas casas e familias para gañar a vida alén das nosas fronteiras.

É precisamente na consciencia da importancia deste feito polo que o Consello da Cultura Galega está a desenvolver un Arquivo da Emigración. E precisamente para el está a solicitar a colaboración de todas aquelas persoas que podan aportar material das distintas vivencias dos nosos emigrantes.

Pois moitas familias galegas conservan nos seus fogares as fotografías, películas, documentos ou obxectos que dan conta do que foi a súa vida cotiá ou a dos seus familiares, no país de emigración. O arquivo “pretende ser un espazo de relación permanente, que axude a reconstruír e conservar a memoria colectiva da identidade galega espallada máis alá das nosas fronteiras”.

O material que se recolla servirá para a investigación e difusión, sempre non comercial, cedidos ó Consello da Cultura Galega. Ademais será custodiado e conservado respectando as condicións que impoña cada persoa que colabore coas fotos ou documentos da súa colección particular. A información de como colaborar podes atopala neste link.

Pode que che interese...