fbpx
A xeografía galega chea de microtopónimos. Foto dun herbal / totolo1x0CC0

Recupera coa axuda dos seus avós máis de 200 topónimos de Burela e Cervo

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia Nomeada. Esta é a aplicación e páxina web que a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia desenvolveron para rexistrar a microtoponimia de Galicia. Trátase dunha web colaborativa que permite inscribir novas entradas da nosa toponimia que son máis tarde estudadas por un grupo de expertos.

No tocante a esta experiencia algúns particulares están tomando a iniciativa de documentar, coa axuda dos máis maiores do lugar, a toponimia perdida. É o caso de Álvaro Crego Deán, un estudante de 22 anos que, coa axuda da aplicación e dos seus avós, chegou a dar nome a máis de 200 microtopónimos dos concellos de Cervo e Burela. O xornal El Progreso recolleu a experiencia deste mozo.

 

Pode que che interese...