fbpx
Petróglifo de Randufe / foto Concello de Tui

Tui recupera un novo parque rupestre de 8 estacións con 5 petróglifos inéditos

Tempo de lectura: < 1 min.

Tui terá un novo parque de petróglifos. Estará situado nos lugares de Rozacús e Alto do Coello, en Randulfe e contará con ata 8 estacións de 13 petróglifos, 5 de eles inéditos ata o de agora. O proxecto, froito da colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Tui e a Comunidade de Montes de Randufe, e que consta dun investimento de 12.826 €, pretende a recuperación, sinalización e posta en valor do conxunto.

Á fronte do proxecto estará o arqueólogo Benito Vilas do equipo cooperativo Árbore Arqueoloxía sendo iniciativa da Concellería de Cultura e Patrimonio de Tui, dirixida por Eduardo Freiría. Mais o proxecto poderá desenvolverse grazas á cesión de 2.000 metros cadrados de terreo por parte da Comunidade de Montes  de Radufe, presidido por Ángel Ramón Martínez.

Segundo Benito Vilas, o xacemento ten a singularidade de de presentar exemplos de diferentes épocas nun mesmo espazo. Hai figuras xeométricas, naturalistas e ata medievais. Recuperáronse tamén petróglifos documentados na década de 1980 e que ficaban esquecidos e que agora terán nova vida como testemuñas da arte de fai 6.000 anos.

Trátase de recuperar e facer accesible o conxunto. Para isto procederase á eliminación dos mantos superficiais de terra e capas bioxénicas da rocha. Tamén se desenvolverá un traballo de sinalización con paneis informativos nas propias estacións e sinais ó pé da estrada. A maiores, co fin de adecuarse ó uso da tecnoloxía e a difusión web, prevese a realización dun modelado 3D das 8 estacións rupestres.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...