fbpx
Pena do Equilibrio en Ponteareas / foto HombreDHojalataCCBy Wikimedia

Un estudo en enxeñería sobre a Pena do Equilibrio de Ponteareas premio honorífico da SEMR

Tempo de lectura: < 1 min.

Ignacio Pérez Rey, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, acaba de ser galardoando co premio anual á mellor tese de doutoramento pola Sociedade Española de Mecánica de Rocas (SEMR). Faino cunha tese dirixida polo profesor Leandro Alejano e que estuda os factores que inflúen no ángulo de fricción básico das descontinuidades rochosas.

Porén a singularidade do estudo está en que empregou como caso de estudo a coñecida como Pena do Equilibrio, no municipio de Ponteareas. Esta lle permitiu a análise da estabilidade de estruturas xeolóxicas o que se poderá empregar no futuro na mecánica de rochas, tanto descubertas como subterráneas. Segundo el este penedo probablemente represente unha das estruturas máis sorprendentes, desde o punto de vista da estabilidade. Recolle a nova Vigo Xornal.

Pode que che interese...