fbpx
Edificio da praza de Lugo de Ciórraga / foto turismo.gal

89 anos da morte dun dos grandes arquitectos do Art Nouveau en Galicia, construtor da praza de María Pita

Tempo de lectura: 2 min.

Juan de Ciórraga y Fernández de la Bastida foi arquitecto municipal da Coruña entre 1863 e 1890 e, despois, dende 1887, foi arquitecto diocesano de Santiago de Compostela. Durante o tempo en que desenvolveu o seu traballo nestas dúas cidades Ciórraga foi un dos grandes introdutores do Modernismo ou Art Nouveau en Galicia do que herdamos excepcionais exemplos.

Como arquitecto municipal Ciórraga deseñou algúns dos grandes fitos construtivos da cidade da Coruña. Entre elas están grandes obras como os soportais da dársena da Marina, de 1870, a edificación da praza de María Pita, 1877, deseñando os seus edificios, ou o anteproxecto para o Primeiro Ensanche da cidade de 1878. Mais tamén é recordado pola actual fachada neorrománica de Santa María del Campo, de 1879.

Mais ademais dos seus grandes fitos urbanísticos destaca sobre todo polo seu traballo no innovador estilo Art Nouveau. Os seus edificios eclécticos de finais do século XIX son un gran antecedente deste estilo en Galicia, sendo tamén un dos seus dos grandes introdutores, aínda que xeracionalmente non lle correspondera.

Igrexa de Santa María do Campo na Cidade Alta da Coruña / foto Diego Delso CCBy Wikimedia

Foi o deseñador de xeniais edificios como o nº1 de rúa Betanzos o nº14 da praza de Lugo, ambos de 1901, a casa de Manuel Fernández, 1904-1919, ou os n. 10-12 da praza de Lugo, 1905-1928, entre moitos outros. Deseñou tamén edificios en Betanzos como Casa de dona Águeda ou excepcionais edificios na cidade de Santiago.

Ciórraga ademais de un dos grandes arquitectos da Galicia de cambio de século foi membro da Real Academia de Belas artes e Medalla ó Traballo en 1928. Ten tamén unha rúa na cidade no barrio de Someso. Dende a páxina artnouveaucoruña.com, no día do aniversario do seu pasamento recórdannos a importancia que tivo este arquitecto para a introdución do estilo na cidade e en Galicia en xeral.

Edificio da praza de Lugo de Ciórraga / foto turismo.gal

Pode que che interese...