fbpx
Santuario das Angustias de Ferrol / foto patrimoniogalegonet

A Xunta resturará tamén unha das igrexas máis importantes da Semana Santa de Ferrol

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta eliminará as humidades e restaurará o templo das Angustias de Ferrol. Trátase dun edificio do último terzo do século XVIII que é sede da Cofraría das Angustias e na que se participa activamente na festividade da Semana Santa de Ferrol. A obra terá un investimento de 122.015 euros e un prazo de execución de catro meses.

Trátase, ante todo, de eliminar os importantes problemas de filtración que sufre o templo dende as obras no século XX no seu entorno. Para isto procederase a impermeabilizar o santuario, creando unha cámara para derivar a auga e protexelo contra as filtracións. Tamén se renovarán os panos das súas paredes verticais e o morteiro de cal das súas fachadas. No tellado faranse obras de mantemento con substitución de tellas.

O templo das Angustias foi fundada en 1768 pola Congregación de Nosa Señora das Angustias. É un ben catalogado e recollido no PXOM de Ferrol, que se sitúa tamén no ámbito de protección do Camiño inglés.

Pode que che interese...