Así está a ser a escavación do campamento romano que protexía a ruta entre Brigantium e Lucus | Historia de Galicia
Csmpamento romano de Ciadela en Sobrado / foto Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)CCBy Wikimedia

Así está a ser a escavación do campamento romano que protexía a ruta entre Brigantium e Lucus

Tempo de lectura: 2 min.

No ecuador da primeira campaña de tres meses, dun total de dez, o campamento romano de Ciadela, no concello de Sobrado, comeza a tomar forma. Faino despois de dous meses, e tras ter que parar tamén polo confinamento da Covid-19. A intervención, que xa está a deixar á vista, unha parte considerable do xacemento volve a amosar as capacidade deste importante campamento militar.

E é que a escavación, comezada o pasado 2 de marzo e que está a desenvolver un equipo de arqueoloxía e conservación-restauración da Universidade de Vigo, comeza un proceso de posta en valor e dignificado tras anos de abandono. Será gracias ó investimento do goberno autonómico co cofinamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O director do proxecto, Adolfo Fernández, detallou que os primeiros traballos consistirán na penetración de novas áreas e na limpeza e reexcavación de zonas xa intervidas. O obxectivo destas actuacións pasará pola realización dun rexistro de todas as estruturas conservadas, así como dun levantamento fotogramétrico 3D das mesmas.

Campamento romano de Cidadela, en Sobrado dos Monxes / arqueogaliza.blogspot.com

Posteriormente, outro equipo dirixido pola integrante do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), Marta Lago executará un proxecto de conservación e restauración dos elementos recuperados. Realizaranse estudos de caracterización e datación de morteiros, datacións radiocarbónicas e análises arqueobotánicos, arqueozoolóxicos e cerámicos dos restos atopados, así como un  programa de promoción e divulgación.

Un campamento estudado por Ángel del Castillo en 1934 e despois abandonado

Ciadela é un dos campamentos militares romanos mellor conservados de Galicia, activo entre os séculos II e IV. Nese tempo desempeñou un papel capital na vixilancia da vía XX, que unía as cidades de Brigantium e Lucus Augusti. Nel asentaríanse entre 500 e 600 militares da Lexio VII Gémina de León, nunha unidade mixta, tanto de infantería como de cabalería.

O recinto, abandonado nos derradeiros anos do século IV, foi escavado en 1934 por Ángel del Castillo, baixo a dirección de Sebastián González, coa colaboración do catedrátivo Pérez Bustamante. Foi escavado destpois polo doutor José Manuel Caamaño Gesto quen identificou o recinto como campamento romano estable. No lugar atopáronse pezas de cerámica, vidros e utensilios de ferro e bronce.

Tamén vaias aras, unha delas adicada á deusa fortuna por un oficial, Valerius Lupus, entre outros obxectos que hoxe se atopan no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Unhas das primeiras escavacións de Cidadela / flickr-Sindo Mosteiro

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: