Así foi o rescate da virxe do século XIV do leito do río Sar | Historia de Galicia
Virxe do século XIV atopada no río Sar / foto Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego

Así foi o rescate da virxe do século XIV do leito do río Sar

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado domingo un pescador afeccionado atopaba no leito do río Sar a escultura dunha virxe gótica do século XIV. O feito era notificado á Asociación de defensa do Patrimonio Galego, que daba a coñecer a nova e, á súa vez, informaba do achado á Dirección Xeral de Patrimonio. Tamén deron conta a expertos da USC que apuntaron a importancia da escultura.

Dende a Asociación informábase tamén ós medios da importancia de retirar canto antes a peza do río para evitar o seu espolio, xa que este este tipo de pezas son especialmente cobizadas no mercado negro. Finalmente foi retirada na tarde de onte por operarios da Consellería de Cultura que se desprazaron ó lugar coa maquinaria adecuada para levar unha unha peza de máis de 150 quilos.

Xa na mañá achegáranse ó lugar, a uns 50 metros da Ponte da Fervenza, en Conxo, xunto con membros da Asociación, o alcalde da cidade Xosé Sánchez Bugallo, e o Concelleiro de Cultura, Román Rodríguez. Mais o “rescate” da escultura non comezou ata a tarde, cando seis operarios da Xunta de Galicia se achegáron ó lugar para retirar a peza.

A operación alongouse máis de tres horas, e tivo que facerse con útiles especiais para o transporte da gran peza e con medidas para evitar o seu deterioro. A peza foi igualmente trasladada e depositada nos talleres do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, onde se comprobará. Como informou ós medios o goberno galego, a peza pasará a formar parte do Museo das Peregrinacións.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: