fbpx
Corpus de Ponteareas / foto Lameiro CCBy Wikimedia

Debería ser Ben de Interese Cultural a arte de creación de alfombras florais en Galicia?

Tempo de lectura: 2 min.

É unha tradición centenaria practicada en multitude de vilas galegas, algunhas, como no caso de Ponteareas recoñecida co mérito de Festa de Interese Turístico Internacional. Unha tradición que se remonta á Idade Media e que en Galicia é conservada como herdanza histórica inmaterial en máis dun cento de igrexas galegas.

E é que esta tradición é posible que opte a ser Ben de Interese Cultural, a máxima protección coa que conta o patrimonio cultural galego, na categoría de patrimonio inmaterial. Pois a Federación de Alfombristas Galegos de Arte Efémera, piden ter en conta esta tradición e asegurar por lei a súa supervivencia no tempo, solicitando á Consellería de Cultura a incoación de expediente.

Corpus de Ponteareas / foto Lameiro CCBy Wikimedia

Acompáñase á solicitude de declaración un dossier cun inxente traballo documental. Nel se recolle a orixe desta singular tradición que, no caso galego remóntase a unha celebración na cidade de Ourense no século XIV. Dende o colectivo afirman que se ben é allea a Galicia, a nosa é a comunidade que máis conserva a práctica, e a única comunidade autónoma onde non está declarada Ben de Interese Cultural.

Ademais de Galicia, Cataluña e Canarias serían as outras dúas comunidades que máis a conservan. Mais dende a Federación alertan tamén do perigo de turistificación e consideran este un motivo máis para a protección legal da tradición. Para a historiadora e antropóloga Ana Filgueiras Rei existe un perigo real de que a festa se converta “nun espectáculo turístico” e perda a súa esencia.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...