fbpx
Antigo Ultramarinos Plus Ultra en Ourense / foto Andrés García Martín Picasa

Derruban interiormente o edificio e poñen en perigo a última fachada de azulexo ornamental de Ourense

Tempo de lectura: < 1 min.

A última fachada de azulexo ornamental dun local de Ourense, e unha das últimas de Galicia, atópase en perigo. Trátase do antigo ultramariros Plus Ultra, que estivo funcionando no centro histórico da cidade entre 1932 e 1988 e que, ata non hai moito, despois do seu peche, ocupou o Café Victoria.

Agora, o edificio situado no centro histórico de Ourense atópase en obras. Segundo permite o PXOM da Cidade o edificio está a ser baleirado interiormente para dar lugar a novos usos comerciais. Ademais, tal e como recolle o xornal La Región, a fachada non conta con protección e descoñécese se será conservado, xa que, polo de agora nas obras non se está mantendo ningunha cautela de protección.

Pode que che interese...