fbpx
Cruz do século XV de Caldas / foto Galicia Confidencial

Detidos dous mozos por roubar unha cruz do século XV

Tempo de lectura: < 1 min.

A Garda Civil detivo a dous irmáns de Moraña, de 33 e 18 anos de idade, como presuntos autores dun roubo dun cruceiro que podería datar do ano 1400. Os detidos terían roubado a cruz mentres se atopaba en proceso de restauración nun taller de cantería de Vilagarcía, despois de romper por un desprendemento.

A operación que se desenvolveu gracias á colaboración do Equipo de Investigación da Garda Civil de Vilagarcía e o destacamento de Caldas, permitiu identificar ós detidos, que xa contaban con antecedentes penais por roubo. Os feitos teríanse desenvolvido a pasada semana cando, tras saltar un muro perimetral, accederon ao interior das instalacións para roubar a cruz.

A peza formaba parte dun muro de pedra en moi mal estado, da  aldea de Fonte, parroquia de Lamas. Co desprendemento do muro a cruz caeu e o particular decidiu doala ó Concello que procedeu á súa restauración no taller.

A cruz atoparíase nun antigo trazado do Camiño de Santiago que o Concello está tratando de recuperar. Segundo un estudo realizado sobre cruces existente no Concello a cruz podería datar do ano 1400, mais a escultura non conta con proteción. A nova recóllea o xornal Galicia Confidencial.

Pode que che interese...