fbpx
Pedra Longa de Tordoia / foto Iago Pillado Lambriscae WikimediaCCBy

É posible que sexa un menhir a Pedra Longa de Tordoia ou é só unha formación natural?

Tempo de lectura: 2 min.

Moitos penedos de Galicia teñen unha longa historia, tradicións, lendas e ritos asociados a tempos prehistóricos e a cultos precristiáns. A imaxe excepcional e en ocasións o significado que lles damos a estas grandes pedras apelan a que puideran ter detrás a man do home e non unha formación natural.

Pedra Longa de Tordoia / foto Lambriscae WikimediaCCBy

Este é o caso da Pedra Longa de Tordoia, na comarca de Ordes. Pois nos pasados días, Manuel Chouciño Pardo, o párroco de Cabaleiros poñía en dúbida nunha entrevista da Televisión de Galicia ó carácter natural da pedra e pedía que se investigara o posible descubrimento dunha gran necrópole neolítica no lugar.

“Tordoia é pedra longa en Gaélico”

E é que, segundo o párroco, o concello coruñés de Tordoia sería un gran referente no estudo do neolítico se se confirmara esta teoría. Pois con máis de trece metros de altura e tres metros de diámetro, sempre seguindo a teoría do párroco, sería un dos máis altos de Europa, xunto cunha peza de 21 m de altura que se localiza en Irlanda.

Pedra Longa de Tordoia / foto turismo.gal

Manuel Chouciño, baséase tamén na etimoloxía do lugar. “Pedra longa se o traducimos ó bretón é menhir. Pedra longa é menhir”. Apela tamén á toponimia do lugar, “sabes como se di en gaélico pedra longa? Tordoia. E estamos no concello de Tordoia”. O párroco afirma tamén na entrevista que “toda esta zona está chea de menhires”.

Poderes fecundadores devocións e lendas pagáns e cristiáns

O certo é que sexa ou non certa a teoría do párroco o sorprendente conxunto de penedos é un dos máis singulares da provincia. Ó redor del recóllense gran cantidade de lendas. Fálase de altares druídicos, poderes fecundadores e rituais pagáns e cristiáns. Conta incluso unha lenda que a propia pedra foi trasladada ata o lugar pola mesma Virxe.

Pedra Longa de Tordoia / foto Iago Pillado Lambriscae WikimediaCCBy

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...