O Concello de Narón rehabilitará e converterá en museo o histórico conxunto dos muíños de Xubia | Historia de Galicia
Conxunto dos Muíños da Xubia en Narón / foto Turismo de Ferrolterra

O Concello de Narón rehabilitará e converterá en museo o histórico conxunto dos muíños de Xubia

Tempo de lectura: 2 min.

Os muíños de Xubia en Narón serán reconvertidos en museo e espazo didáctico. Pois a comezos desta semana o Concello sacou a concurso o proxecto das obras de rehabilitación cun orzamento de 1.3 millóns de euros. As obras serán financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e estarán dentro do marco do programa EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020” da Deputación da Coruña.

Trátase de recuperar o complexo fabril e converter o actual edificio de vivendas anexo en un museo e espazo didáctico. “Habilitaremos unha serie de espazos multiuso para amosar o patrimonio municipal entre residentes e visitantes, contemplando a posibilidade de poder realizar actividades diversas”, segundo declaraba a alcaldesa Marián Ferreiro.

Conxunto dos Muíños da Xubia en Narón / foto Turismo de Galicia

Grandes cantidades de trigo traídos de Castela

Os muíños da Xubia son un singular conxunto de dous edificios adicados a muíño que contaban e total con catro rodas de moer. Foron construídos en 1775 polos empresarios franceses D. Juan Lestache e D. Francisco Bucau. A eles traíanse grandes cargamentos de trigo dende Castela e estímase que o conxunto podía chegar a moer 172.500 quilos de fariña por ano.

O conxunto foi estudado por Pedro de Llano en 1983, na súa investigación sobre Arquitectura popular en Galicia. Mais por moito tempo mantívose en ruínas ata ser adquirido polo Concello de Narón. No ano 2009 foi consolidado cunha intervención nos seus muros e teitos evitando o derrube. Coa intervención o Concello quere recuperar o conxunto e impulsar a súa posta en valor.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: