fbpx
Parque do Pasatempo de Betanzos dos irmáns García Naveira / fotos histórica e

O Parque do Pasatempo de Betanzos, da envexa de Europa ao abandono máis absoluto

Tempo de lectura: < 1 min.

40 anos. É o tempo que separa as primeiras peticións para protexer o parque do Pasatempo coa chegada da certificación de Ben de Interese Cultural, confirmada polo BOE a semana pasada. Entremedias discorreron décadas de abandono administrativo, especulación inmobiliaria e falta de memoria que remataron por levar unha obra “única” no patrimonio galego ó estado ruinoso no que hoxe se atopa, pechada ao público dende outubro de 2018. 

“Era inconcibible que non estivera protexido”, apunta Xosé Ramón Nóvoa, presidente da asociación Amigos do Pasatempo, que leva dende 2017 batallando polo recoñecemento do recinto centenario. O Pasatempo, comezado a finais do XIX, foi obra de Juan García Naveira, un indiano que destinou a fortuna feita nas américas a impulsar a vida da vila. “El e o seu irmán construíron escolas, un asilo, un lavadoiro cuberto… foi un papel filantrópico á marxe do acostumado”, apuntan dende a asociación. Esta preocupación social é a mesma que latexa nas paredes do conxunto, repleto de contidos didácticos: “Don Juan concibiu o Pasatempo como un xeito de educar visualmente á poboación”, apunta Nóvoa.

O abandono do parque habería de comezar coa morte do seu benefactor en 1933. “Na ditadura os herdeiros sacan pezas para vendelas e ata verquen escombros nunha parte”, apunta Jose Souto, un dos socios fundadores. Con todo, o “golpe mortal” ó conxunto chega na democracia, cando en 1986 o Concello merca o conxunto. É baixo a titularidade pública cando o Pasatempo se ve reducido á sétima parte da súa extensión orixinal coa execución de múltiples obras que “non tiveron en conta o valor do que alí había”, en palabras de Souto. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...