fbpx
Casa Cornide, residencia da familia Franco na Coruña / foto panoramio.com

O xuíz só ve delitos leves na ocupación da Casa Cornide de 2017

Tempo de lectura: < 1 min.

En setembro de 2017 un grupo de nove militantes de esquerdas ocuparon a histórica Casa Cornide da Coruña. Fixérono para despregar unha pancarta na que se pedía a devolución do edificio, propiedade da familia Franco e cunha historia de transmisión á familia similar á do Pazo de Meirás, á cidade.

Tras o feito a familia Franco denunciou ós activistas tratando de imputarlle delitos de vulneración de morada e delito de odio, pedindo un total de 81 años de cadea e 24.000 euros de indemnización. Agora a Audiencia Provincial de A Coruña desestimou o recurso de apelación dos Franco, que non ve estes dous delitos aínda que si faltas leves. A nova recóllea La Opinión de A Coruña.

Pode que che interese...