fbpx
Detalle do manual ilustrado MS Vitellius C III, / foto British Library

Queres coñecer as plantas medicinais presentes nun manuscrito con máis de 1.000 anos?

Tempo de lectura: < 1 min.

O manual ilustrado MS Vitellius C III, da colección da British Library, foi dixitalizado e pode ser hoxe lido on-line por calquera persoa. Trátase dun libro ilustrado do século XI do que non se sabe de certo onde foi escrito, -aínda que posiblemente no Christ Church de Canterbury- nin a finalidade exacta, mais que foi conservado na gran biblioteca británica.

Detalle do manual ilustrado MS Vitellius C III, / foto British Library

O libro está enchido de receitas para tratamentos naturais baseados en plantas medicinais que se empregaban para “curar” dende o olor corporal a unha dor de peito A publicación ten moitos detalles de plantas curativas, moitas delas presentes de xeito natural en Galicia. O libro describe tamén as enfermidades que poden tratar, onde atopalas estas plantas e como preparalas.

Este proxecto de dixitalización comisariado por Alison Hudson, forma parte do gran proxecto para dixitalizar 800 manuscritos. Está organizado coa colaboración da Bibliothèque Nationale de France e o financiamento da Fundação Polonsky. Pode ser consultado neste link.

Detalle do manual ilustrado MS Vitellius C III, / foto British Library

Pode que che interese...