Queres visitar de noite, a toda cor e dun xeito seguro o mellor conxunto de petróglifos de Galicia? | Historia de Galicia
Actividade de Noitepedras en Campo Lamiero / foto Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Galicia

Queres visitar de noite, a toda cor e dun xeito seguro o mellor conxunto de petróglifos de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

Vivir un verán seguro nun dos mellores conxuntos de petróglifos de Galicia é posible. Pois dende o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, estase a desenvolver unha programación de verán que non só está pensada para cumprir todas as medidas de seguridade para os visitantes fronte á Covid-19, senón tamén está a desenvolver, dende as novas necesidades, actividades de gran éxito nos últimos anos.

Así, este verán, ademais de actividades para toda a familia, será posible visitar o parque tanto nos atardeceres como de noite. Neste último caso farase cunha renovada iluminación led enchida de cor que se empregará de xeito divulgativo. Será nas fins de semana, nos Atardeceres, os sábados ás 19:00 horas, e Noitepedras, os venres ás 22:00 horas, actividades con renovadas temáticas e itinerarios adaptadas ás esixencias da Covid-19.

Ademais ó longo de toda a semana mantéñense as visitas guiadas, ás 12:00 e ás 19:30 horas. Tamén as actividades para toda a familia, que este ano se desenvolverán en grupos máis reducidos e con medidas hixiénico-sanitarias estritas, así como dun xeito máis autodidacta. Petroquiz e o Diario Perdido serán as outras dúas principais actividades.

A primeira é unha visita guiada aberta a toda a familia que remata nun divertido concurso de preguntas que ten lugar todos os días ás 18:00 horas. O Diario Perdido é un circuíto exterior para descubrir de forma autónoma e sen límite de tempo diferentes aspectos da Prehistoria de Galicia, completando as páxinas dun antigo diario de campo. Pola redución do aforo a reserva será obrigada por mail ou teléfono.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: