Tui fará peonís dúas novas rúas do seu centro histórico, entre elas a histórica rúa Ordóñez | Historia de Galicia
rúa Ordóñez de Tui. Foto histórica / Intra Muros ggpht.com

Tui fará peonís dúas novas rúas do seu centro histórico, entre elas a histórica rúa Ordóñez

Tempo de lectura: < 1 min.

A rúa Rosa Bahamonte e a rúa Ordóñez da monumental vila de Tui pasarán a ser peonís. Trátase de dúas pequenas pero importantes rúas no entorno directo e no centro histórico. Dende o pasado sábado, estas rúas paralela e perpendicular ó Paseo da Corredera, unha das arterias comerciais de Tui, deixaron de estar abertas ó tráfico.

A rúa Ordóñez é unha importante rúa do centro histórico, paralela a este Paseo. Atópase xa empedrada e conta con numerosos edificios singulares. A pesares de ser unha rúa especialmente importante do centro histórico ata o de agora estaba afeada polo tráfico e o estacionamento. A ría Rosa Bahamonde é paralela á N-550, e é unha das rúas que dá acceso ó centro histórico, presenta un firme de pedra e pavimento cerámico.

A peonización destas dúas rúas enmárcase nos traballos de reordenación do tráfico no centro da vila nos últimos días. Varias delas converteranse en espazos de sentido único. Tamén se establecerán estacionamentos en zona azul, zonas para motos e prazas para persoas con diversidade funcional. O obxectivo é a racionalización dos espazos urbanos e o desenvolvemento de maior presenza para os espazos peonís.

Catedral de Tui / foto xunta.gal

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: