fbpx
Petróglifos da Revolta da Palla, en Santiago de Compostela / foto Clectivo A Rula

Un colectivo informou varias veces ás institucións de que os petróglifos da Revolta da Palla sufrirían danos

Tempo de lectura: < 1 min.

“Un feito do que levamos varios anos informando tanto ao Concello de Santiago como a Dirección Xeral de Patrimonio“. Así denunciaba na súa páxina web o Colectivo A Rula as advertencias que durante moito tempo fixeran ás institucións do serio perigo que corría a estación de petóglifos da Revolta da Palla, en Santiago.

Mais non tivemos “coñecemento de teren feito nada para minimizar estes riscos ata o de agora”, afirman, unha vez que os petróglifos sufriron un grave dano. Foi nos pasados días, despois de que os baixos dunha gran maquinaria empregada, segundo parece, para a limpeza da franxa de seguridade da liña eléctrica que pasa polo lugar.

Era por este motivo, e máis por estar situado nun antigo camiño, polo que o colectivo tiña en consideración estas manifestacións artísticas da nosa Idade do Bronce como un conxunto en grave perigo. Porén, non recibiron resposta algunha por parte destas dúas institucións.

Os petróglifos da Revolta da Palla sitúanse en Tras a Igrexa, na parroquia de Santa María de Villestro. Son un conxunto de gran riqueza constituído por varias gravaduras. Boa parte de elas son xeomorfas e máis na rocha atópanse tamén dous zoomorfos cuadrúpedos, presumiblemente cérvidos. Un deles atópase a moi poucos centímetros do anaco de rocha danada.

Pode que che interese...