Unha petición en Change.org pide que non se derribe o histórico cargadoiro de Rande | Historia de Galicia
cargadoiro de mineral de Rande / foto asociacionrandepatrimonioeuropeo.blogspot.com

Unha petición en Change.org pide que non se derribe o histórico cargadoiro de Rande

Tempo de lectura: 2 min.

En 1960 a empresa Minero-Siderúrgica de Ponferrada, dirixida por Cotto Wagner, solicítalle á Autoridade Portuaria de Vigo autorización para crear unhas instalacións de carga para a exportación de mineral de ferro cara Alemaña. Para isto construíuse un gran cargadoiro deseñado polo enxeñeiro Eloy Fernández Valdés e que de tres grandes plataformas unidas por unha ponte metálica.

Nos seus tan só oito anos de funcionamento a infraestrutura permitiu embarcas máis de tres millóns de toneladas de férrido. Mais o cargadoiro non resistiu á crise enerxética mundial que tivo lugar na década de 1970 e en 1974, deixou de funcionar e i pasado 27 de setembro de 2019 o Consello do Porto de Vigo aprobou a súa demolición do que foi unha infraestrutura excepcional para o desenrolo da industria na ría de Vigo.

cargadoiro de mineral de Rande / foto asociacionrandepatrimonioeuropeo.blogspot.com

É por isto que a Asociación Rande Patrimonio Europeo, (ARPE), que está a promover neste momento a iniciativa da declaración do Estreito de Rande e os seus terreos lindeiros como “Selo de Patrimonio Europeo” avisa da importancia como patrimonio deste elemento. Por isto está a promover a través da plataforma change.org, unha campaña de recollida de sinaturas para evitar a súa desaparición.

Dende ARPE piden “o apoio da cidadanía para impedir a súa demolición e realizar propostas de conservación e posta en valor do cargadoiro, como patrimonio cultural industrial do Estreito de Rande”. Tamén como parte integrante do conxunto patrimonial histórico do lugar. Ata o de agora, e en non moitas semanas, a petición xa leva recadadas máis de medio milleiro de sinaturas.

Illa de San Simón, na Ría de Vigo / amigoscc.es

O estreito de Rande, un lugar de patrimonio excepcional

Segundo a asociación o cargadoiro Wagner, é a última das grandes infraestruturas construídas e Rande. O estreito foi sen dúbida ó longo da historia un lugar privilexiado, como testemuña de acontecementos históricos e de pegadas patrimoniais. Entre moitos outros atópase a fábrica do Alemán, a histórica liña de ferrocarril, a ponte atirantada, o cargadoiro de viga voadiza Cantilever a fortaleza de Rande ou o patrimonio subacuático da famosa batalla.

É á vista de toda esta riqueza especificamente ligada ó lugar polo que a asociación esta a promover a inclusión do estreito de Rande e os seus terreos lindeiros como “Selo de Patrimonio Europeo”. Trátase do máximo galardón ó patrimonio concedido pola Unión Europea, no obxecto de fomentar a identidade e a historia europea común.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: