fbpx
Convento das Mercedarias / foto Turismo de Santiago

35.000 euros da Xunta para recuperar a tarima da igrexa do Convento das Mercedarias de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta de Galicia investirá preto de 35.000 na conservación da igrexa do Convento das Nais Mercedarias de Santiago de Compostela, na Fonte de Santo Antonio. Trátase da renovación da tarima de madeira da igrexa, que data de comezos do século XX, que está feita con madeira de castiñeiro e que presenta importantes problemas de humidade por filtracións.

Para recuperala desmontarase a actual estrutura de madeira para limpar o pavimento de pedra, colocarase unha lámina impermeable transpirable e volverase a instalar a tarima, reutilizándoa na medida do posible, dada a súa alta calidade. Tamén se lle aplicará un tratamento preventivo contra o ataque de xilófagos. Estas obras contan cun prazo previsto de execución de dous meses.

Unha das xoias da Compostela barroca

O convento das Mercedarias é un dos grandes conventos que se situaron extramuros da cidade histórica de Compostela durante a Idade Moderna. O convento foi Foi fundado en 1671 polo Arcebispo Antonio Girón e a obra iniciada por Diego de Romay en 1674. Ademais da súa arquitectura posúe unha rica escultura con obras de Mateo de Prado. Forma parte da declaración de Patrimonio Mundial pola Unesco.

Convento das Mercedarias / foto Turismo de Santiago

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...