fbpx
Casa Cornide, residencia da familia Franco na Coruña / foto panoramio.com

A familia Franco pon á venda a casa Cornide ante a declaración de BIC e en pleno xuízo polo pazo de Meirás

Tempo de lectura: 2 min.

Unha “exclusiva propiedade reformada en 1964 e en 2018” “con teitos altos e abovedados” e un “aspecto señorial e pacego”. Así é a Casa Cornide para a inmobiliaria Philippot&Lloyd onde a Familia Franco puxo á venda o histórico edificio da Cidade Alta da Coruña que foi construído polo historiador ilustrado José Cornide.

A venta coincide coa celebración do xuízo polo pazo de Meirás que comezou o pasado luns. Tamén co proceso de estudo para a súa declaración como Ben de Interese Cultural que, tal e como informamos nos pasados días, está a desenvolverse na actualidade, baixo a dirección do catedrático de Arte Moderno Alfredo Vigo Trasancos.

Interior da Casa Cornide segundo a inmobiliaria Philippot&Lloyd / foto Fotocasa

O edificio, de estilo neoclásico, ten 937 metros cadrados de superficie útil e 287 de parcela. Ten tamén 11 habitacións, 13 baños e 2 cociñas, segundo se afirma no seu anuncio. Ten tamén garaxe e un apartamento para invitados que consta de salón, dous dormitorios, con un en suite con vestidor e un baño. Tamén ten biblioteca e salóns de aspecto señorial, así como un ático para o servizo con cinco habitacións e dous baños, dúas terrazas e lavadoiro.

A Casa Cornide foi unha propiedade do xeógrafo, historiador e político ilustrado José Cornide. Foi doado pola familia ó Concello da Coruña para funcionar como escola. Porén durante a ditadura a administración local sacouna a unha a poxa pública gañada por Pedro Barrié de la Maza, para ser agasallo a Carmen Polo, dona de Franco. Dende aquela é propiedade da familia.

Pode que che interese...