Atopan dous hórreos de máis de 2.000 anos no castro de Acea entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía | Historia de Galicia
Celeiro do castro da Acea entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía / foto Tío Pepe WikilocCCBy

Atopan dous hórreos de máis de 2.000 anos no castro de Acea entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía

Tempo de lectura: < 1 min.

Os celeiros palafíticos, depósitos para gardar o gran elevados do chan por pés de pedra, foron achados en varios castros. Poderían entenderse como o antecedente máis antigo coñecido no noso territorio do que hoxe é un hórreo, baseado nunha necesidade común de evitar a omnipresente humidade galega para facer sobrevivir en bo estado a colleita.

Dous destes silos palafíticos ou hórreos, de entre os máis singulares e máis grandes dos atopados ata o de agora, apareceron na actual escavación do Outeiro do Castro, un xacemento entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. A intervención, promovida por ambos Concellos e financiados con fondos Leader e que se está a levar adiante como unha segunda campaña dende o 1 de xuño, está a dar grandes sorpresas.

Pois son os horrea, de máis tamaño, diferentes dos atopados ata o de agora nun castro, e anteriores á romanización están a ser consolidados neste momento. Son dous hórreos de máis de seis pés cada un, cunha excepcional estrutura palafítica, que serían ventilados dende o chan. Os descubrimentos foron presentados o pasado martes nun acto no que asistiron membros do equipo e representantes dos dous Concellos. Na campaña tamén se atoparon pezas de orfebrería.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: