Nigrán restaurará e deixará funcionando un dos muíños máis importantes da ría de Vigo | Historia de Galicia
Muíño do Porto do Molle

Nigrán restaurará e deixará funcionando un dos muíños máis importantes da ría de Vigo

Tempo de lectura: < 1 min.

O Muíño do Porto do Molle, situado ó pé do río Muíños e ó pé do parque empresarial do concello, foi un dos máis grandes e singulares da comarca de Vigo. É unha gran edificación do século XVIII declarado Ben de Interese Cultural que tiña tres pedras de moer e unha planta de máis de 25 metros por 6,50 de ancho, un dos máis grandes da comarca.

Trátase dun gran edificio que, ademais de muíño, se empregaba como almacén e vivenda, todo baixo un único volume. A súa feitura ten ademais a singularidade de ter o acceso de auga a través de tres grandes arcos de medio punto que lle dan o seu singular carácter.

O muíño leva en estado de ruína máis de 30 anos e atópase neste momento sen cuberta, con parte dos seus muros derrubados e sen maquinaria. Ademais na actualidade carece tamén de canle xa que na construción do parque empresarial enterráronse tanto a súas canalizacións tanto de abastecemento como de desaugue.

Agora, o Concello de Nigrán investirá 250.000 euros na tan agardada rehabilitación integral do edificio. O obxectivo e reparalo respectando ó máximo á súa orixinalidade así como deixalo funcionando. Para isto reporanse os mecanismos hoxe desaparecido e crearase tamén unha nova canle hidráulica.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: