fbpx
Colexio do Cardeal de Monforte, o chamado "Escorial Galego" / foto susobandeCC0

Os Grecos do Colexio do Cardeal de Monforte estrean iluminación

Tempo de lectura: 2 min.

San Francisco e San Lourenzo, as dúas pinturas principais de El Greco do Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos terán, xunto co resto da pinacoteca, unha nova iluminación. Trátase da substitución dos focos situados na parte superior da sala por fontes de luz LED que iluminan directamente os cadros. Unha luz máis apropiada á conservación das obras e que permite ademais unha mellor apreciación, na que semella que a luz sae das propias pinturas.

San Francisco do Greco do Colexio do Cardenal de Monforte de Lemos / foto Colexio do Cardenal CCBy Wikimedia

E é que a Axencia de Turismo de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia e o propio padroado do Colexio investiron 35.200 euros para a iluminación máis eficiente do conxunto. A tecnoloxía LED sen radiación ultravioleta nin infravermella e cunha disipación térmica mínima, non só permiten unha mellor apreciación das obras, senón que axudarán á súa conservación. Tamén se renovou a iluminación das vitrinas.

Na pinacoteca do Colexio do Cardeal, chamado o Escorial galego, ademais das pinturas do Greco hai obras tan relevantes como cinco óleos sobre táboa de nogueira, antigas copias do pintor renacentista italiano Andrea di Sarto. Tamén hai imaxes relixiosas, pezas bibliográficas e obxectos de uso litúrxico dun valor histórico e cultural excepcional.

Colexio do Cardeal co seu entorno, onde conviven edificios históricos e novos / foto Historia de Galicia

Pode que che interese...