Que é o cargadoiro Cotto Wagner que a Autoridade Portuaria de Vigo quere desmantelar? | Historia de Galicia
cargadoiro de mineral de Rande / foto asociacionrandepatrimonioeuropeo.blogspot.com

Que é o cargadoiro Cotto Wagner que a Autoridade Portuaria de Vigo quere desmantelar?

Tempo de lectura: 2 min.

En 1960 a empresa Minero-Siderúrgica de Ponferrada, dirixida por Cotto Wagner, solicítalle á Autoridade Portuaria de Vigo autorización para crear unhas instalacións de carga con capacidade de procesamento de 2.000 toneladas por hora. Tratábase de crear unha gran infraestrutura que salvara as limitacións do propio porto de Vigo para a exportación de mineral de ferro pola empresa cara Alemaña.

Para isto desenvolveuse un proxecto elaborado polo enxeñeiro Eloy Fernández Valdés e que contemplaba a construción de tres plataformas unidas por unha ponte metálica sobre a que discorrería unha cinta transportadora. Era un gran enxeño que evitaba a construción dun gran peirao e permitía a carga de buques de entre 17.000 e 22.000 toneladas.

cargadoiro de mineral de Rande / foto asociacionrandepatrimonioeuropeo.blogspot.com

A última das grandes infraestruturas construídas en Rande

Nos seus tan só oito anos de funcionamento a infraestrutura permitiu embarcas máis de tres millóns de toneladas de férrido. Mais o cargadoiro non resistiu á crise enerxética mundial que tivo lugar na década de 1970 e en 1974, deixou de funcionar. Quedou así por moito tempo abandonado.

Foi así ata o pasado 27 de setembro de 2019 o Consello do Porto de Vigo aprobou a demolición do cargadoiro mineral. O que foi unha infraestrutura excepcional para o desenrolo da industria na ría de Vigo fica así sentenciada á súa desaparición.

O estreito de Rande, un lugar de patrimonio excepcional

Segundo a asociación o cargadoiro Wagner, é a última das grandes infraestruturas construídas e Rande. O estreito foi sen dúbida ó longo da historia un lugar privilexiado, como testemuña de acontecementos históricos e de pegadas patrimoniais.

Entre moitos outros atópase a fábrica do Alemán, a histórica liña de ferrocarril, a ponte atirantada, o cargadoiro de viga voadiza Cantilever a fortaleza de Rande ou o patrimonio subacuático da famosa batalla. Unha  riqueza especificamente ligada ó lugar e que previsiblemente optará ó Selo de Patrimonio Europeo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: