85.000 euros para restaurar tres manuscritos do Arquivo Histórico de Ourense | Historia de Galicia
Un dos manuscritos que se van restaurar no Arquivo Histórico de Ourense

85.000 euros para restaurar tres manuscritos do Arquivo Histórico de Ourense

Tempo de lectura: < 1 min.

O Goberno central informou este martes do inicio formal do procedemento de licitación para a conservación e restauración de tres libros manuscritos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, un proceso ao que se destinarán algo máis de 87.000 euros. As ofertas poderán presentarse ata o próximo 10 de setembro, segundo informa o xornal Galicia Confidencial.

O obxecto do contrato é a restauración e a conservación do manuscrito do Foral dos Partidos Xudiciais de Santa Cristina, Luintra, Santo Estevo de Ribas de Sil, Rosende, Pombeiro, Vilar, Toubes e Sobradelo, datado entre 1566 e 1585 e que consta de 461 folios.

Así mesmo, tamén se restaurará o Tombo ou Declaración da Facenda de San Clodio, datado no século XVIII, composto por 497 folios; e o Libro de Adega do Mosteiro de San Clodio, datado entre 1671 e 1835, formado por 255 folios divididos en 12 pequenos cadernos.

Como criterios de intervención para este tipo de obras establécese un tratamento de restauración que respecte ao máximo a súa identidade, estrutura e elementos orixinais, pero que logre estabilizar os danos, frear os mecanismos de alteración e que permita a súa consolidación, garantindo a manipulación segura dos exemplares, ademais de devolverlles a súa funcionalidade. Dado o mal estado de conservación das obras, o grao de actuación terá que ser máis completo para asegurar a estabilidade e funcionalidade dos libros.

O contrato inclúe a documentación gráfica detallada dos procesos de traballo iniciais, de proceso e finais; o estudo histórico dos bens e do seu contido para o seu contextualización cronolóxica e cultural; a proposta concreta de intervención para a estabilización dos danos; a realización dun sistema de protección individual e a medida para cada libro; e a elaboración dunha memoria técnica final da intervención realizada.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: