fbpx
Castelo de Penablor, en Riotorto, danado por unha pista / Mariña Patrimonio

A apertura dunha pista e unha plantación de ecualiptos danan o castelo medieval de Penaflor

Tempo de lectura: < 1 min.

Xornal de Mariña publica que a asociación Mariña Patrimonio vén de denunciar perante a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia posibles danos no Castelo de Penaflor (do século XIV),  situado no lugar de Machín, parroquia de Santa Marta de Meilán, en Riotorto.

A agrupación sinala que na zona norte deste Ben de Interese Cultural (BIC) realizáronse recentemente “remocións de terras con maquinaria pesada para a apertura dunha pista, que chegan ao interior do foxo que defendía o castelo”.

Por outra banda, sinala Mariña Patrimonio, na na zona sur do xacemento abriron tamén unha pista, que sobe ata o mesmo castelo. “Estes movementos de terra pesada chegaron ata os muros, que forman parte deste ben patrimonial protexido, o que puido provocar o derrube dalgúns tramos” da tapia. “Así mesmo, na parcela onde se atopa o Castelo de Penaflor acondicionouse o terreo para a plantación de eucaliptos, unha acción que “puido deixar soterrado parte do antigo e orixinal camiño de entrada” á edificación. Toda a información en Xornal da Mariña

Pode que che interese...