fbpx
Fortaleza do Monte do Castro de Vigo / foto Pablofcn CCBy Wikimedia

A lenda do túnel entre as fortalezas do Castro de Vigo e San Sebastián era real

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha gran galería subterránea dentro da fortaleza do monte do Castro. Este é o excepcional achado que o Concello de Vigo anunciaba o pasado día 6 de agosto e que previsiblemente confirmará unha teoría: a lenda do túnel entre as defensas do monte do Castro e a fortaleza de San Sebastián era certa.

E é que a galería atopada de finais do século XVII formaría parte do conxunto defensivo que, polo de agora, semella comunicar ambos puntos. A galería estaba abandonada, pechada e tapiada en parte. Ten 1,7 metros de alto por 1,5 de ancho, e, segundo o Concello, poderán percorrerse polo menos, 45 metros. Pénsase que tería diferentes usos como almacenaxe de armas e víveres ou zona de refuxio. A nova foi anunciada por Abel Caballero e recollida polo xornal Vigoé.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...