fbpx
Igrexa de Arcos, en Mazaricos, mirando para o Monte PIndo / Asociación Monte Pindo Parque Natural

As igrexas que rompen a tradición e miran para o Monte Pindo

Tempo de lectura: < 1 min.

Normalmente as igrexas máis antigas do país están aproximadamente orientadas nun eixo oeste-leste, seguindo o percorrido do sol, e asi acontece na maioría das da Costa da Morte. Porén algunhas que están preto do Monte Pindo rompen esa norma, pois as súas portas están mirando practicamente con exactitude matemática ao cume do Olimpo Celta, onde se sitúa o vértice xeodésico do IGN, sito a 628 metros sobre o nivel do mar.

Así o suliña a Asociación Monte Pindo Parque Natural nun comunicado, que ten indentificados ata tres templos, todos eles no interior e non na costa, que miran para o xigante pétreo. É o caso da Igrexa parroquial de Santiago de Arcos, en Mazaricos, a de San Xoán de Mazaricos (capital municipal) ou de San Xián de Beba.

E, precisamente, a mellor conservada e a mellor orientada é a de Arcos, lugar e cabeza de parroquia absolutamente privilexiado do Concello de Mazaricos, aos pes mesmos do Monte Pindo.

Pode que che interese...