fbpx
Un monte queimado / foto mac231 CC0

Cultura catalogará a mámoa aparecida no incendio de Toén

Tempo de lectura: < 1 min.

A Consellería de Cultura catalogará a mámoa que o lume da pasada semana arrasou e deixou á vista no concello de Toén. Pois así o declaraba a xefa territorial da Consellería de Cultura, Sandra Quintas, nunha visita ó lugar ó pasado día 13, xunto a técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio, o alcalde, Ricardo González e representantes da Comunidade de Montes de Moreiras-Trelle.

A Xunta, segundo se declaraba, abrirá unha ficha de catalogación e o dolmen será tamén incluído no planeamento municipal de Toén. Durante a visita técnicos e políticos poñían o foco no descubrimento, grazas ó traballo da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén, e afirmaban estár traballando con eles noutros xacementos, doutras parroquias do concello para poñelos tamén en valor.

Dolmen de Moreira, en Toén / Iñaki Osorio-Faro de Vigo

Un dos máis singulares de Toén

O megalito sería un dos túmulos mellor conservados do concello así como un dos de maior tamaño. O dolmen, aínda que con evidencias de saqueo e sen lousa de cuberta, si conta con varios ortostatos dun considerable tamaño, así como cunha mámoa en moi bo estado e que conserva tamén parte da coiraza aínda que moi modificada.

Pola contra as altas temperaturas da combustión, como acontece nestes casos, posiblemente afectaran gravemente os restos máis superficiais das pedras como a posibles vestixios de gravaduras ou pinturas que sobre elas se puideran atopar. Porén agora é plenamente visible.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...