fbpx
Estado do Camiño dos Faros / foto Os Trasnos

Os nove Concellos amosan o seu compromiso co Camiño dos Faros limpando o seu percorrido

Tempo de lectura: 2 min.

“A 1 de Agosto podémosvos confirmar que, gracias ó traballo dos 9 concellos sen distinción, a ruta está máis limpa que nunca e así é unha gozada camiñala“. Este é o comentario de satisfacción expresado polos Trasnos, os membros da Asociación Camiño dos Faros, na súa web deixando constancia do compromiso que os Concellos polos que pasa a excepcional ruta tiveron neste verán do trazado.

E é que despois de que a ruta estivera case por completa pechada de vexetación durante o Estado de Alarma, os nove concellos polos que pasa o camiño fixeron un unánime e exemplar traballo de limpeza que pode verse en todas e cada unha das etapas da ruta. Non só rozando o en ocasións estreito carreiro senón ademais limpando as súas marxes.

Camiño dos Faros no Peñón de Laxe / foto Historia de Galicia

O resultado está á vista. E o camiño está a ter un enorme éxito de público este verán, atraendo gran número de camiñantes á Costa da Morte. Porén, esta grande afluencia de público e este novo compromiso local, como ningún ano se fixera, contrasta, tal e como publicamos, co posible abandono da Asociación na xestión da ruta, ante a desidia administrativa das grandes administracións.

O Camiño dos Faros ó seu paso polo cumio do Monte Branco en Ponteceso, / foto IzzzmeeCC0

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...