fbpx
Brandomil, en Zas, unha antiga cidade romana / foto Fundación Brandomil

Queres coñecer a antiga Brandomil romana?

Tempo de lectura: 2 min.

Unha ponte ou un vado romano para cruzar o Xallas, dentro da Per Loca Maritima, a Vía XX do Itinerario Antonino, que unía Brigantium con Braga; varios castros romanizados ó pé mesmo da actual ponte medieval; e unha excepcional historia descrita dende Pondal ata Lema Suárez ou Gorgoso. Brandomil é un lugar clave para entender a historia romana dentro da Costa da Morte.

É por isto que o Concello de Zas, xunto coa Deputación da Coruña e a Fundación Brandomil queren darnos a coñecer a historia deste singular lugar de Xallas. É por isto que no pazo-museo das Torres do Allo, en Baio, poderemos coñecer, ó longo de este verán, a historia de Brandomil, a través da exposición “A Brandomil Romana”.

A exposición, que fai un percorrido polo pasado romano de Brandomil, está formada por varios paneis explicativos que se completan coa proxección do documental “Brandomil, vila romana a carón do Xallas” da Fundación Brandomil. A exposición poderá visitarse todos os días ata o 15 de setembro, de luns a venres de 11:00 a 20:00, de sábado a domingo de 11:00 a 21:00. A entrada é libre e de balde.

Detalle da Exposición Brandomil Romana nas Torres do Allo / foto HdG

Un verán de actividades nas torres

Despois do parón da Covid as Torres do Allo están a acoller nova vida este verán. É a través de diversas actividades desenvolvidas froito da colaboración da Concellería de Cultura de Zas e a Deputación da Coruña. Entre elas destacan as visitas teatralizadas na man de Os Quinquilláns, o concurso fotográfico Enfoques do Allo, as visitas guiadas e o Mercado de San Ramón que se celebrará o vindeiro 31 de agosto. Poden consultarse na web das Torres.

Detalle da Exposición Brandomil Romana nas Torres do Allo / foto HdG

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...