fbpx
Sanbenitos do Museo Diocesano de Tui / foto Concello de Tui

Queres coñecer os panos xudeos de Tui achados na catedral?

Tempo de lectura: 2 min.

Varios Sambenitos atopados nos na década dos 80 na Catedral de Tui. Este é o gran tesouro que garda o seu Museo Diocesano, e que son as pezas máis destacadas do patrimonio xudeu tudense. Trátase de cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais no Museo Catedralicio, e que constitúen unha testemuña única da historia das xudarías galegas.

Os sensacionais panos poden visitarse no Museo Diocesano de Tui, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, onde se custodian estas valiosas pezas. Mais tamén moitas outras pezas artísticas de toda a comarca do Baixo Miño. Este verán pode visitarse de luns a venres en horario de 11 a 14 h e de 18 a 20 h, cun donativo de 1€ polo acceso.

Sanbenitos do Museo Diocesano de Tui / foto Concello de Tui

O casco galaico de Caldelas ou a Virxe co Neno de Juan de Juni

Tui é unha das cidades que forman parte da Red de Juderías de España. Ademais dos Sambenitos do Museo Diocesano a vila posúe outros elementos destacados deste patrimonio sefardí, como son a menorá gravada no claustro da Catedral, a Casa de Salomón ou a sinagoga. Tal e como contamos xa noutro artigo a vila posúe unha Ruta Xudía está sinalizada dende a Praza da Inmaculada podendo seguirse a través de códigos QR por todo o conxunto histórico.

Mais no Museo Diocesano podemos atopar tamén o

Museo Diocesano de Tui / foto Concello de Tui

utras grandes xoias da nosa cultura, alén do patrimonio xudeu. Entre elas estarían pezas coma o casco galaico do século III-II a.c atopado no castro de Caldelas así como outros achados de escavacións. Tamén a cruz parroquial do Porriño do século XVII do prateiro converso Joâo de Sousa, así como o a cruz parroquial de Mos.

O Museo ten ademais unha excepcional colección de arte sacro procedente das igrexas da Diocese de Tui-Vigo. Entre as diferentes pezas destaca a pintura renacentista de Juan de Juni coñecida como a “Virxe co neno”. Tamén conta cunha colección de cadros con retratos de bispos, entre eles Frai Rosendo Salvado.

Cruces parroquiais do Museo Diocesano de Tui / foto Concello de Tui

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...