fbpx
Visitas teatralizadas a cargo de Os Quinquilláns / foto HdG

Recta final do verán en Dombate con visitas nocturnas, un concerto, obradoiros e visitas teatralizadas

Tempo de lectura: 2 min.

Agosto comeza a chegar ó seu fin e moitos dos monumentos galegos que tiveron unha gran oferta cultural no verán encaran á súa recta final. É o caso do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños, no que se está a desenvolver un verán amenizado con música, visitas nocturnas, obradoiros e visitas teatralizazas entre moitas outras actividades.

Trátase de iniciativas lúdicas e culturais para as xornadas de verán, de balde e co obxectivo de reactivar o Centro Arqueolóxico despois do parón da Covid-19, e grazas a un convenio entre o Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación Provincial. Entre elas destaca sobre todo o ciclo Música na catedral así como as visitas teatralizadas a cargo do grupo Os Quinquilláns.

Propostas para as derradeiras fins de semanas do verán

Cartaz do ciclo Música na catedral

Ó longo deste verán os venres no dolmen están a ter un protagonismo especial. Nestes dous últimos venres de agosto os visitantes do recinto poderán disfrutrar  dunha visita nocturna ó dolmen o día 21 a partir das 23.00 horas. Ademais no vindeiro venres día 28, ás 22.00 horas, terá lugar o último dos concertos do ciclo Músicas na catedral, co Dúo Caamaño-Ameixeiras, nun concerto homenaxe ó 250 aniversario de Beethoven. Ambos previa inscrición.

Ademais, nestas dúas últimas fins de semana, repetiranse os obradoiros de prehistoria así como nas visitas teatralizadas. Os obradoiros serán cargo da empresa da empresa Galipat Servizos Culturais ás 11.00 e 12.30 dos sábados 22 e 29 de agosto e do domingo 30. Ademais estes dous sábados ás 18.00 e ás 19.30 poderán disfrutarse da excepcional visitas teatralizadas ó xacemento a cargo do grupo Os Quinquilláns.

Obradoiro de frechas / foto HdG

Ademais os domingos 23 e 30 serán xornadas especiais no dolmen. Pois o primeiro deles farase por primeira vez, ás 11.00 da mañá, unha actividade de arqueoclismo ou un paseo en bici polos diferentes espazos arqueolóxicos do chan de Borneiro. Porén o domingo 30 o ciclo do verán cerrarase por este ano cunha xornada de obradoiros e música tradicional a cargo do grupo Os Farrapos.

Dolmen de Dombate / foto Íñigo M. Riobó

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...