fbpx
Isaac Díaz Pardo traballando nunha das xarras de Sargadelos. Fotografía cedida cortesmente por Xosé Díaz Arias de Castro

Santiago lembra a Isaac Díaz Pardo cunha escultura no histórico xardín da Alameda

Tempo de lectura: < 1 min.

A cidade de Santiago xa ten a súa lembranza en forma de escultura ó extraordinario artista Isaac Díaz Pardo. Trátase dunha escultura de César Lombera na que se representa a Isaac en actitude introspectiva, sentado nun banco da carballeira. A escultura atópase colocada no camiño que discorre entre o paseo dos Leóns e a carballeira de Santa Susana, á altura das escaleiras metálicas, moi preto das de Valle Inclán e Castelao.

Porén, a localización é provisoria. Pois situarase definitivamente nun espazo ó final do paseo dos Leóns, fronte á rúa do Cruceiro do Gaio, unha vez que termine o proxecto de obras do muro do Pombal. Daquela a estatua situarase contemplando a cidade que el coñeceu e as rúas nas que viviu: a de Carretas e a Rúa das Hortas.

A escultura, que quere conmemorar o centenario do seu nacemento, foi inaugurada nun acto presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. En representación da familia estivo un dos seus fillos, Camilo Díaz Arias e durante a inauguración a concelleira Mercedes Rosón fixo unha ofrenda floral ó tempo que Claudio Rodríguez Fer leu unha poesía en homenaxe ó histórico artista.

Placa que conmemora a Isaac Díaz Pardo / foto Concello de Santiago

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...